600 716 577
Galego

Selecciona o teu idioma

Estruturas metálicas a medida en Fisterra

Estruturas metálicas a medida en Fisterra

600 716 577

Fabricación e instalación de pezas de metal

Na nosa carpintería metálica, Inoxterra, en Fisterra, estamos especializados na fabricación a medida e instalación de todo tipo de estruturas e pezas metálicas. Os profesionais que formamos Inoxterra contamos con moitos anos de experiencia no sector do metal polo que podemos ofrecer a todos os nosos clientes un asesoramento personalizado e indicar, segundo as necesidades que presente, o material ou o produto que máis se lles adapte.

Todas as pezas e estruturas que fabricamos en Inoxterra son a medida e personalizadas. Na actualidade, nesta carpintería metálica, estamos especializados en traballos a partir de aceiro inoxidable, ferro, forxa e incluso aluminio.

O taller metálico de Inoxterra témolo na localidade de Fisterra pero ofrecemos os nosos servizos en todos os municipios que forman a Costa da Morte. Ademais, traballamos con todo tipo de clientes: particulares, empresas e comunidades de veciños.

En Inoxterra ofrecemos ao cliente un servizo integral xa que os nosos profesionais realizan todo o proceso desde a toma de medidas ata a instalación da peza ou estrutura.

Algúns dos nosos produtos

  • Balaustradas
  • Balcóns
  • Pasamáns
  • Portais
  • Portas
  • Balaustradas para embarcacións
  • Peches para porches
  • Estruturas metálicas
  • Mobles para restaurantes e outros locais
  • Peches de fincas
Restauración de pezas antigas

Restauración de pezas antigas

En Inoxterra tamén ofrecemos o servizo de restauración de pezas e estruturas metálicas antigas. Grazas aos nosos traballos conseguimos darlle unha segunda vida a ese balcón, porta ou moble que, co paso dos anos, non luce igual.

Neste tipo de traballos, os profesionais de Inoxterra, inclúese o desmontaxe, a restauración e a nova instalación da peza.

Queres instalar unha estrutura metálica a medida?

En Inoxterra encargámonos do deseño e a fabricación de todo tipo de estruturas metálicas, deseñándoas seguindo as especificacións dos nosos clientes, intercambiando ideas para conseguir o mellor dos resultados.

As nosas pezas son únicas e funcionan como elementos decorativos, dotando a calquera espazo de exclusividade e elegancia. Se tes unha idea, ¡contacta con Inoxterra!

Entrevista

Cóntanos que necesitas e as túas ideas de deseño.

Deseño

Encargámonos de deseñar o elemento que necesites seguindo as túas indicacións.

Orzamento

Preparamos un orzamento personalizado e detallado para o teu proxecto sen compromiso.

Instalación

Fabricamos e deixamos perfectamente instalada a estrutura que precises.

Garantía e servizo de mantemento

Garantía e servizo de mantemento

O noso compromiso co cliente continúa unha vez finalizado o proxecto, xa que nos encargamos de proporcionar o mantemento que precise a estrutura, asegurándonos de que a súa funcionalidade non se ve afectada polo paso do tempo.

Por outra parte, todos os nosos produtos contan con garantía, o cal é un plus de tranquilidade para todos os nosos clientes, quen poderán ter a certeza de que respondemos polos nosos traballos.

Pide o teu orzamento sen compromiso

En Inoxterra realizamos orzamentos a medida, totalmente personalizados e sen compromiso. Se estás a buscar profesionais da carpintería metálica e queres uns resultados de calidade e garantía, contacta connosco.

Pedir orzamento